17.5.15

Festa das Letras. Festa da vida


Festa das Letras from bemilladoiro on Vimeo.
Este é o resumo da nosa Festa das Letras que celebramos o pasado venres.
Nada máis noso que a Lingua, os xogos tradicionais, a poesía, os paraugas... e as ganas de pasalo ben!

E todo isto xuntámolo nun día que foi unha festa completa. Comezamos gravando a parte común do video que fixemos coa cancion de Paco Nogueiras no seu disco Brinca vai! e que publicaremos en breve . Continuamos co noso festival de poesía no que cada aula agasallounos cun traballo poético fermoso.

Xa pola tarde, iso que tanto nos gusta: os xogos tradicionais e a tómbola.
Todos rematamos a xornada cansos pero moi contentos: celebramos a festa da LINGUA.

Este tipo de celebracións que tanto traballo nos dan encántannos porque nos unen e reforzan o noso vínculo de COLEXIO.
Agradecemos a Paco Nogueiras a cesión de dereitos sobre a súa música que xa é de todos porque:

 A PALABRA TEN VIDA! 

...son suspiros, son alento
son bicos feitos de vento...

TEÑEN VIDA! 

Ningún comentario: