15.4.18

Venres robótico

Este venres robótico seguimos xogando co Strawbees( xogo de construción con pallas), comezamos a experimentar cos Tangrams e utilizamos o Makey Makey para tocar o piano, sendo as teclas as mondas de mandarinas. En breves estaremos compoñendo música co makey makey!!




10.4.18

Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia

Os vindeiros xoves e venres terán lugar en Compostela os Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia na súa 12 edición. Este Plan, do que o noso centro forma parte desde o primeiro ano, ten demostrado ser o auténtico foco de innovación do ensino na actualidade. Colexios que avanzan ofrecendo o último en Pedagoxía e demostrando, a través do seu alumnado que a incorporación de habilidades lectoras en múltiples soportes, así coma de tecnoloxía aplicada á aprendizaxe, incide directamente na mellora do rendemento dos escolares situando a Galicia na vangarda europea en probas coma, por exemplo, o informe Pisa
Alí estaremos. A imaxe que ilustra o cartel da presente edición foi tomada no noso centro na última visita que nos fixeron as Asesoras da Consellería, e nela aparece o barco que fixo o avó de Breixo a quen, desde aquí agradecemos tan fermoso traballo.

9.4.18

Visita AENEA

Esta semana visitounos Lola de libraría AENEA para presentarnos interesantes libros e ata un xogo de construción para futuros grandes arquitectos.
Algúns deles pasarán a formar parte da nosa biblitoteca escolar.
Unha gozada de visita. Grazas Lola!








6.4.18

VENRES ROBÓTICOS: makey makey

Hoxe, no leolab, descubrimos novos materiais, por un lado os Bunchems;un xogo de construción con bolas, que consiste na creación das formas e figuras que podamos imaxinar, e por outro lado o Makey makey, un sistema de programación que permite, utilizando un ordenador, que todo o que toques se faga música a través da placa makey makey. Neste caso utilizamos bolas de plastilina casera, que ó tocalas sonaban como os bombos.


Para ver as fotografías, premer AQUÍ



5.4.18

Venres robótico: incluimos a electrónica

O último venres robótico, antes das vacacións de Semana Santa, fixemos varios grupos: os máis maiores aprenderon a soldar con estaño, pelar cables... outro grupo estivo xogando por primeira vez coas rodas dentadas, e o seguinte grupo estivo facendo experimentos de electrónica.
Nestes experimentos electrónicos, utilizaron plastilina casera conductiva ( feita con fariña, aceite, sal colorante alimenticio e limón), portapilas e luces leds. Estiveron probando, cambiando cables, colocando as luces... ata que conseguiron facer circuítos nos que os leds se iluminaban. Noraboa!!!


















23.3.18

Dedicatoria Antonio García Teijeiro

Fermosa dedicatoria a que nos deixou o gran escritor no libro de visitas da biblioteca.
Xa está fotocopiada e pegada en todos os libros "Poemar o mar" do alumnado de 2º, un gran agasallo!
Grazas Antonio!